Estache bo!
Xiba con fabas de Pacucha Faraldo
INGREDIENTES:
- 1 XIBA DE 1 KG
- 300 GR DE FABAS COCIDAS
- 2 DENTES DE ALLO
- 2 CEBOLAS
- MEDIO PEMENTO VERMELLO
- 1 FOLLA DE LOUREIRO
- 1 VASO DE VIÑO BRANCO
- 1 CULLER DE PEMENTO
- SAL
ELABORACIÓN:
Limpamos ben a xiba aproveitando as ovas se as tivera e cortamos en anacos o bocado. Nunha pota poñemos un fondo de aceite de oliva e cando estea ben quentiño, engadimos os dous dentes de allo sen pelar e a xiba. Imos remexendo e cando a xiba comece a cambiar de cor engadimos o vaso de viño branco e a folla de loureiro. Deixamos cocer a lume baixo e tapado durante unha hora ou ata que a xiba se poña branda. Nunha tixola rustrimos nun chisco de aceite as verduras moi picadiñas, cando estean listas peneiramos unha culler de pemento e un cazo de auga de cocción que soltou a xiba. Pasamos isto polo pasador de purés na pota onde se coceu a xiba e deseguido engadimos as fabas que xa tiñamos cocidas. Deixamos ferver 15 minutos todo en conxunto, corriximos de sal e listo para comer.