Estache bo!
'Paupiettes' de pavo con grelos e champiñóns
INGREDIENTES:
- PEITUGA DE PAVO EN LISTOS FINOS
- 1 CEBOLA
- 100 GRAMOS DE CHAMPIÑÓNS
- 3 CULLERADAS DE QUEIXO DE UNTAR
- ACEITE DE OLIVA
- 2 CULLERADAS DE FROITOS SECOS
- GRELOS
- ½ VASO DE VIÑO RIBEIRO
- SAL E PEMENTA
- ½ VAMOS DE LEITE EVAPORADA.
ELABORACIÓN: Fileteamos a peituga e salpementámola. Nunha tixola con tres culleradas de aceite de oliva salteamos a metade da cebola e cando estea transparente, engadimos os cogomelos e os grelos previamente escalfados e reservamos. Na mesma tixola poñemos dúas culleradas de aceite e fritimos a cebola, poñemos o viño e o deixamos que evapore o alcohol . Engadimos o queixo e o leite, salpementamos e ligamos a salsa. Facemos as 'paupiettes' e pechámolas cuns escarvadentes, forneámolas ou marcámolas á prancha. Empratamos e listo para comer!