Estache bo!
Patacas de Esther
04/11/2019 11:30 h
INGREDIENTES:
- 4 PATACAS MEDIANAS
- 1 DENTE DE ALLO
- 2 TOMATES MADUROS
- MEDIO PEMENTO VERDE
- AZAFRÁN
- 1 FOLLA DE LOUREIRO
- ACEITE DE OLIVA
- 4 OVOS
- SAL
- PEMENTA
ELABORACIÓN: Nunha tarteira fritimos moi ben o pemento. Engadimos o allo, o loureiro, o pemento doce e os tomates, deixándoos cocer uns minutos. Mesturamos o azafrán coas patacas e engadímolas á tarteira. Dámoslle unha voltiña e cubrimos co caldo de polo. Deixamos cocer uns 15 minutos. Engadimos os ovos e forneamos ata que a clara estea feita. Levamos á mesa e listo para comer!