Estache bo!
Especial Fin de Ano co doutor Diego González Rivas
30/12/2020 19:45 h
O cirurxián torácico Diego González, creador dunha técnica revolucionaria para operar o cancro de pulmón, visitará a cociña de Estache Bo!. Diego terá que atar ben o mandil e poñerse ás ordes do chef para elaborar un menú completo, inspirado nas súas tradicións familiares e nos seus gustos. Tamén compartirá lembranzas de cando era cativo, contará como pasan o Nadal na súa casa e responderá as preguntas de Xoanqui e Rafa, que permitirán coñecer moito mellor ao noso protagonista.