Estache bo!
Bacallau braseado con porrusalda e cabaza vasca
Ingredientes:
Cabaza vasca 3 allos porros 1 cebola grande 1 kg de patacas 4 lombos de bacallau 2 litros de caldo de verduras 3 dentes de allo Sal Aceite de oliva
Elaboración:
Para as verduras: Cortamos a cebola en brunoise, os allo porros en anacos duns 2 cm, a cabaza en dados de 2 cm e escachamos a pataca. Rustrimos a cebola con aceite de oliva, engadimos os allos cando a cebola estea case lista e engadimos un chisco de sal. Pasados 10 minutos engadimos a pataca escachada e a cabaza. Cando estea quente mollamos co caldo de verduras e deixamos cocer 10 minutos máis. Poñer a punto de sal e reservar. Para o bacallau: Poñemos o bacallau nunha fonte de forno, pintamos con aceite de oliva e braseámolo no forno a 185ºC durante 10 minutos. Empratamos a porrusalda e rematamos co bacallau braseado.