CRTVG

Buscar

Estache bo!

Bacallau con mollo de pemento e coles de Bruxelas

28/12/2021 19:50 h

Ingredientes

• 1 kg de recortes de bacallau desalgado • ½ kg de coles de Bruxelas Para o mollo de pemento: • 3 cebolas vermellas • 3 dentes de allo • 2 patacas • 2 pementos asados • 1 cullerada de azucre moreno • 1 rebanda de pan • 1 atado de perexil • ½ litro de caldo de peixe • Sal e pementa • Aceite de oliva

Elaboración:

 Nun cazo con auga salgada cocemos as coles de Bruxelas durante 10 minutos e reservamos. Nunha tixola marcamos os allos e unha torradiña de pan. Reservamos, engadimos un pouco máis de aceite e fritimos as patacas e o bacallau. Retiramos parte do aceite e rustrimos ben a cebola co pemento, incorporamos un chisco de azucre e trituramos. Botamos todos estes ingredientes nunha tarteira e regulando o espesor co caldo de peixe, deixamos ferver uns cinco minutos. Empratamos e listo para comer. 

Atopar capítulo por: