CRTVG

Buscar

Estache bo!

Pasta artesá de castaña con chocos e cogomelos

08/02/2021 19:50 h

Ingredientes:

Pasta artesá, 1 choco mediano, 200 grs. de cogomelos, 1 presa de espinacas, 1 cullerada de piñóns, 3 chalotas, 2 dentes de allo, 1 culleradiña de ourego, 1 culleradiña de pemento doce, 1 culleradiña de tomate concentrado, 1 sobre de azafrán, media cunca de viño branco, 1 cunca de caldo de peixe, aove, 1 noz de manteiga, sal e pementa.

Elaboración:

Cocemos a pasta en auga con sal durante 4 minutos. Nunha tixola marcamos os cogomelos, o allo, os piñóns, co sal e a pementa. Nunha tarteira rustrimos a cebola, o allo e os chocos. Engadimos o pemento doce, o concentraado de tomate, o azafrán e o viño. Deixxamos reducir e incorporamos o caldo, o ourego e salpementamos. Deixamos cocer uns 25 minutos, metemos as espinacas e a pasta. Remexemos durante un minuto. Empratamos cos cogomelos e queixo, e listo para comer!

Hoxe, Rafa Durán visitará en Lugo, a Francisco Fernández, o propietario de Bubela Artesá, quen nos falará do produto estrela de hoxe: a pasta artesá eco.

Atopar capítulo por: