CRTVG

Buscar

Estache bo!

Centola ao forno

27/01/2021 19:50 h

Ingredientes:

1 centola, 3 cuncas de sal, 1 cebola, 1 dente de allo, 2 tomates sen pel nen sementes, 1 culleradiña de pemento doce, 1 copa de brandy, aove, 1 noz de manteiga, 2 liscos de manteiga, pan relado con allo, pirixel e pemento picante,. Para as torradas: bolo de pan e manteiga derretida.

Elabración:

Cocemos a centola, baleirámola e reservamos. Nunha tixola rustrimos en aceite e manteiga a cebola e o allo. Engadimos o tomate e rustrimos. Incorporamos a carne da centola, mesturamos co brandy co que flamexamos. Metemos toda a mestura no carro da centola, cubrimos con pan relado e un lisco de manteiga. Gratinamos a 220 graos. Empratamos cunhas torradas, e listo para comer!.

Hoxe, Rafa Durán visitará en Redondela, Pontevedra, a Nuria Álvarez, a encargada de Mariscos Inés, que nos presentará o produto estrela de hoxe: a centola.

Atopar capítulo por: