Estache bo!
Panacota con doce de albariño
Ingredientes:
2 vasos de leite fresco, 3 culleradas de azucre en po, 2 ramas de canela. Para a marmelada de albariño e mazá: 3 mazás golden, 3/4 de litro de viño albariño, 150 grs. de azucre branco, 75 grs. de azubre mmoreno, sume de limón, canela e dátiles.
Elaboración:
Facemos a panacota disolvendo o leite, o azucre e a xelatina. Mesturamos ben e deixamos arrefriar dúas horas. Para o doce de albariño mesturamos o albariño co azúcre poñemos ao lume e cando reduza á metade engadimos a mazá e o zume do limón deixando cocer uns 40 minutos. Montamos a panacota, empratamos e listo para comer.
Hoxe, Rafa Durán visitará en Laracha, A Coruña, a José Manuel Suárez, o propietario de Granxa O Rosal, quen nos falará do produto estrela de hoxe: o leite fresco pasteurizado.