Estache bo!
Wok de pak choi con croca de tenreira
Ingredientes:
• Pak choi • 250 gr. De croca de tenreira • 200 gr de champiñóns portobello • 2 dentes de allo • 4 culleradas de salsa de soia • 1 noz de xenxibre fresco • 1 cunca de sementes de sésamo • 1 cunca de cacahuetes • Sal e pementa • Aceite de oliva • Aceite de sésamo • 1 vaso de auga e maicena para facer a salsa
Elaboración:
Salteamos o pak choi e reservamos. Salteamos a tenreira, os champiñóns, o allo e o xenxibre. Engadimos a salsa de soia e a auga con maicena. Remexemos e incorporamos o aceite de sésamo, os cacahuetes e as sementes de sésamo. Ligamos ben os ingredientes, empratamos e listo para comer…!!!
Hoxe iremos polo noso producto estrela, pak choi a Teo, Coruña, onde nos atenderá Santi Pemán, propietario de La Finca de los Cuervos, onde lle amosará a Rafa este fantástico producto