CRTVG

Buscar

Estache bo!

Costelas fritidas con mollo de especias

15/12/2020 19:50 h

Ingredientes:

1 tira de costela de porco, 3 patacas. Para o mollo: 1 cebola vermella, 3 tomates maduros, 1/2 pemento vermello, 2 dentes de allo, 1 folla loureiro, 1 culleradiña de mestura de especias, 1 cunca de caldo de verduras, polo ou carne.

Elaboración:

Nunha tixola rustrimos a cebola, o pemento e o allo picados. Engadimos o tomate e as especias. Deixamos cocer uns minutos e oncorporamos o caldo para formar a salsa. Nunha tixola rustrimos a cebola fritimos as costelas de porco en anacos e salpementadas. Fritimos unhas patacas e incorporamos a costela á salsa.

Hoxe, Rafa Durán visitará en Narón, A Coruña, a Joaquín Pérez, o propietario de A Factoría do Lume, que nos falará do noso produto estrela de hoxe: as especias picantes.

Atopar capítulo por: