Estache bo!
Mexillóns á sidra con patacas
Ingredientes:
2 quilos de mexillóns, 1 vaso de sidra, 3 patacas, 1 cebola grande, 1 pemento vermello, 2 dentes de allo, 1 cullerada de pemento chouriceiro, 1 cullerada de pemento doce, 1/2 cunca de tomate frito, sal, pementa e aove. Para o rebozado dos mexillóns: 1 cunca de fariña, 2 ovos, sal, pementa, perexil fresco e 1 culleriña de curry.
Elaboración:
Abrimos os mexillóns cun vaso de sidra, reservamos os viandas e o caldo escoado resultante. Nunha tixola friximos as patacas e reservámolas nunha tarteira para o forno. Rustrimos a cebola, o pemento o allo e incorporamos o pemento chouriceiro, o pemento doce e o tomate frito. Ligamos a salsa co caldo, pasamos todo polo pasador de puré e incorporamos á tarteira. Por outra banda, rebozamos os mexillóns e xuntámolos ca pataca. Enfornamos ata que levante o fervor e listo para comer!
Hoxe, Rafa Durán visitará en Santa María de Ribela, A Estrada, a Jesús Armenteros, o propietario de Sidras Ribela, quen nos falará do produto estrela de hoxe: a sidra.