CRTVG

Buscar

Estache bo!

Polbo con allada de pemento de Herbón

29/10/2020 20:15 h

Ingredientes:

1 polbo, 3 patacas, 4 dentes de allo, follas de perexil. Para fritir: 2 culleradas de pemento de hHerbón picante, 1 cebola.

Elaboración:

Cocemos o polbo e na súa auga cocemos as patacas. Nunha tixola con medio vaso de aceite de oliva friximos os allos. Reservámolos e co aceite quente pasámolo polo coador do pemento de Herbón doce. Na mesma tixola marcamos os raxos e as patacas, desglasamos coa auga de cocción do polbo e presentamos cos “chips” de allo, sal en escamas, pemento de Herbón picante e o aceite da allada. Empratamos e listo para comer…!!!

Rafa Durán estivo con Jose Manuel Ferro, de Pementos Carmucha, para recoller o produto estrela; os pementos de Herbón!

Atopar capítulo por: