Estache bo!
Empanadillas de lacón con grelos
25/09/2020 11:30 h
Ingredientes:
300 grs. de lacón cocido, 200 grs. de grelo cocido, 200 grs. de queixo galego, 3 cebolas, 1 ovo, sal e pementa, aceite de oliva, 1/2 chourizo, 1 cullerada de azucre moreno, 6 obleas de empanadillas, 1 noz de unto, 50 grs. de sementes de sésamo.
Elaboración:
Cocemos o lacón e os grelos ca noz de unto, escoamos ben e reservamos. Nunha tixola acaramelamos a cebola co azucre moreno. No forno torramos o chourizo desmigado na tixola da cebola. Mesturamos o lacón os grelos e o chourizo. Enchemos as obleas e pintámolas co ovo. Pechámolas e friximos ou forneamos.