CRTVG

Buscar

Estache bo!

Filloas con crema e mel

01/06/2020 11:00 h

Ingredientes:

1/2 litro de leite, 1/2 litro de auga, 4 ovos, 250 gramos de nata barida, fariña, manteiga e sal. Para a crema: 2 xemas de ovo, 2 culleradas de azucre, 2 culleradas de maicena, 1/2 litro de leite, 1 cullerada de manteiga, reladura de laranxa, fresass e menta.

Elaboración:

Para a filloa batemos ben os ovos, os leite, a auga e mesturamos ben. Engadimos pouco a pouco a fariña peneirada ata conseguir a masa. Deixamos repousar. Para a crema batemos as xemas co azucre, engadimos a maicena, a reladura de laranxa e o leite. Mesturamos ben e cocemos a lume moi suave ao baño María, sen deixar de remover ata que espese. Engadimos a manteiga e reservamos remexendo de vez en cando. Facemos as filloas untando a tixola coa manteiga. Cando está ben quente, engadimos un cazo de masa dándolle a volta cando despegue. Recheamos a filloas coa crema, a nata e por fóra o mel e as fresas. Empratamos e listo para comer!

Atopar capítulo por: