O Faro, cruce de camiños
Especial 5º temporada
Algúns personaxes da serie, que a partir da vindeira semana volve ás sobremesas da TVG, toman camiños diferentes nesta nova temporada na que se creará unha situación de crise interna nos Samáns: Ricardo incorpórase á empresa e Carme emprende unha cruzada para derrocalo e recuperar o seu lugar. Para iso botará man de Arturo Torres, que descubrirá trapos sucios de Víctor e, con eles, tratará de arrastrar a Ricardo na súa caída
Ademais, novos personaxes aparecerán o largo da tempada. O irmán de Gonzalo, Xabier, interpretado polo actor David Seijo, interpretará a un enxeñeiro moi cuadriculado, frío e calculador. Como reaccionará Erea cando o coñeza? Tamén estará Ana Turpin, como Sara Robles, unha cooperante que traballa na mesma Organización Humanitaria que Luis.