CRTVG

Buscar

Eirado

Especial Roberto Vidal Bolaño

12/05/2013

Nesta edición especial, o programa entrevista a Laura Ponte, actriz e primeira muller de Vidal Bolaño, coa que fundou a primeira compañía de teatro. Na sección de libros participa Francisco Macías, responsable de Edicións Positivas, que recompila en varios tomos toda a obra de Vidal Bolaño. Tamén se fala do resto dos libros editados por outras editoriais sobre este autor.

Na sección de cine faise un percorrido pola faceta audiovisual do homenaxeado con especial énfase na película “Doentes”. Por último, o director teatral Xulio Lago trata a contribución  deixada por Vidal Bolaño.

Atopar capítulo por: