CRTVG

Buscar

Recanteiros

Especial #Recanteiros15 As semifinais

02/07/2015 22:00 h

Neste especial, que leva por título “#Recanteiros15”, os espectadores poderán coñecer máis de preto os últimos aspirantes a clasificarse para a gran final, David Veiga, da zona sur de Lugo, e Pablo Couto, de Miño. Ambos os dous mediranse este venres nas segundas semifinais do certame. 

A que xa é finalista é Luci, das terras do Ourense oriental. Por iso, “#Recanteiros15” achegarase hoxe á súa persoa, dando tamén a coñecer á súa familia e interesándose polos preparativos da última proba, a que disputará o venres 10 de xullo. 

Aínda que a súa brillante carreira en “Recantos” quedou ás portas da final, a audiencia poderá saber como acolleu a lucense María Fernández a súa eliminatoria nas primeiras semifinais do concurso, ademais dos seus soños e proxectos de agora en diante. 

Atopar capítulo por: