CRTVG

Buscar

Pazo de Familia

Especial: Queres casar comigo?

16/05/2016 22:00 h

Carlos e Leonor seguen pendentes da súa gran voda, ou polo menos Carlos. Tras cancelar a cerimonia e a posterior desaparición de Emilio, o tema quedou afastado da vida de Leonor. Mais don Carlos está decidido a quedar coa súa fortuna e insiste en casar con ela canto antes.

Mentres que, Nino e Mónica, están a vivir unha relación cargada de altibaixos. Desde que Mónica ingresou no psiquiátrico diagnosticada de bipolaridade, os espectadores viron as múltiples faces do seu mozo, Nino. Cando por fin Mónica consegue volver para a casa, retoma a súa andaina como avogada, o que a leva a investigar sobre Caveiras, o líder dunha banda que anda a roubar nos baixos fondos. A súa sorpresa cando descobre que este home é Nino, vén cando o seu mozo lle pide que case con ela.

Aceptará finalmente dona Leonor a proposta de matrimonio de don Carlos? E será
Mónica capaz de perdoar a traizón de Nino e casar con el?

Atopar capítulo por: