Bamboleo
Especial Pequenos Fenómenos
Despois da edición da semana pasada, en que catro dos aspirantes se clasificaron para a gran final do vindeiro sábado, 10 rapaces -dous deles cantando a dúo- actúan esta noite en “Bamboleo”. Catro deles son os elixidos para completar o cartel do programa final.
Ademais dunha gran satisfacción persoal, fama e felicitacións, os tres primeiros clasificados do programa final conseguen un premio en metálico. Sabendo que os nenos son conscientes do que pasa ao seu arredor, un momento ideal para que demostren a súa solidariedade. Deste xeito, os premios destínanse integramente á asociación sen ánimo de lucro que eles queiran apoiar.
Unha semana máis, as actuacións abrangue unha gran variedade de estilos musicais. Os concursantes desta semana interpretan temas de artistas tan diversos como Malú, La Oreja de Van Gogh, Ricky Martin, Luis Fonsi, Beyonce, Rosario Flores, Pablo Alborán, Violeta e Efecto Mariposa, entre outros.
O especial “Bamboleo”, presentado por Xosé Manuel Piñeiro, Lucía Regueiro e Pablo Meixe, conta coa presenza como estrela convidada da nova promesa da música española Salvador Beltrán, que vén desde Cataluña para ofrecer dous temas do seu derradeiro traballo, “Reflejos en mi camino”.
Ademais, o cantante forma parte do xurado encargado de valorar as dúas actuacións de cada un dos concursantes, onde tamén están o artistas galego Davide Salvado e a colaboradora de “Land Rober” Eva Iglesias.