CRTVG

Buscar

Especial

Especial Os Milagres

08/09/2015 22:00 h

Lucía Rodríguez saudará os espectadores desde a Santuario dos Milagres en Baños de Molgas, o primeiro centro de peregrinación da provincia de Ourense e un dos principais de toda Galicia.

Os espectadores coñecerán a tradición, cultura, historia e curiosidades do santuario mariano de Baños de Molgas e poderán ver o que ocorría onte na procesión dos Fachos, que remata a altas horas da madrugada cos fogos de artificio para honrar a Virxe, e o que sucedía esta mesma mañá, cando milleiros de fieis se deron cita para asistir á misa solemne e á posterior procesión.

O programa especial da Televisión de Galicia pasará da provincia de Ourense á de Pontevedra, xa que na Cañiza hoxe tamén están de festa. Foron milleiros de persoas as que se achegaron ata alí para celebrará a romaría da Virxe da Franqueira. Os espectadores asistirán á procesión en que a virxe viaxa nun carro de bois e á tradicional danza e representación da loita entre mouros e cristiáns.

Outro dos concellos galegos onde este martes é festivo é Fisterra, onde honran a súa patroa. Comeza o día coa celebración dunha procesión que percorre as rúas da capital fisterrá e a continuación ten lugar a misa solemne na igrexa parroquial.

En Cedeira tamén están de celebración, xa que hoxe celebran a tradicional romaría de Santo André de Teixido, a onde chegan andando milleiros de fieis. Unha vez alí acoden á misa solemne e á posterior procesión arredor da igrexa, pero ningún deles esquece mercar os amuletos a base de pan nin as herbas de namorar.

Desde San Andrés de Teixido, a canle autonómica desprazarase ás Rías Baixas, concretamente á parroquia de Darbo, en Cangas, onde celebran o día da Nosa Señora, onde destaca especialmente a tradicional Danza e Contradanza diante da imaxe da virxe.

Nesta viaxe polos puntos neurálxicos da Festa dos Milagres non podía faltar unha visita á parroquia de Amil, no concello de Moraña. O programa presenciará a Festa da Baixada da Santa, coa misa solemne cantada pola Coral Cánticos de Amil e estará tamén na procesión do Santo Rosario co canto da Salve.

Atopar capítulo por: