Especial
Especial Musical Ana Kiro
25/09/2010
A Galega lembra a gala homenaxe a Ana Kiro realizada 1996 e titulada "Toda Unha Vida".
Desde o Pazo de Congresos da Coruña, verase á artista narrando anécdotas dos seus inicios e cantando con personaxes coñecidos como José Guardiola, Salomé, Xosé R. Gayoso e coas corais de Mera e Arzúa. A súa familia e amigos, como Conchita Bautista, Mari Fe de Triana e Antón Reixa, tamén falan agarimosamente sobre ela.