CRTVG

Buscar

Especial Fin de Ano

Gala Fin de Ano 2014

31/12/2014 22:00 h

 Se queres ver as despedidas de todos estes anos. Preme aquí para ver as badaladas e todos os convidados que nos acompañaron.

A TVG despedirá o 2014 e daralle a benvida ao 2015 dun xeito singular, cunha gala que se vivirá a medio camiño entre Galicia e Portugal. Así, os mestres de cerimonias do programa, Xosé Ramón Gayoso e Silvia Jato, contarán coa colaboración da coñecida presentadora portuguesa Sónia Araújo. Ademais, por vez primeira vez na historia dos especiais de Fin de Ano da Galega, os espectadores tomarán as uvas dúas veces.

Pouco antes das 12 da noite, Gayoso desprazarase á praza do Obradoiro, desde onde transmitirá as tradicionais badaladas. Pero iso non é todo, xa que, unha hora máis tarde, os espectadores galegos verán como reciben o ano os veciños portugueses. O emprego de uvas pasas non é o único que cambia con respecto á nosa Fin de Ano, xa que en Portugal teñen tradicións moi curiosas e divertidas nesta noite tan especial.

A música portuguesa tamén estará presente no programa “Especial Fin de Ano”, que ofrecerá as actuacións de Katia Aveiro, unha das cantantes lusas con máis proxección internacional dos últimos anos; e Função Públika, orquestra con máis de 20 anos de traxectoria.

En canto á música do noso país, o espazo contará coa presenza de Nancys Rubias, grupo de pop, glam e electrónica liderado por Mario Vaquerizo; da incombustible Alaska e seu exitoso proxecto Fangoria; de Marta Sánchez, considerada a raíña do pop español e unha das mellores voces do país; da cantante Chenoa; e do grupo Camela, precursores do estilo bautizado nos anos 90 como tecnorumba.

O folclore e a tradición galega terán acento feminino e estarán representados pola aposta pioneira de Leilía, seis mulleres que, hai máis de 20 anos e ao son das pandeiretas, se propuxeron recuperar do esquecemento a tradición oral galega; e por Malvela, que son unha referencia na nosa música e que representan a voz das mulleres galegas coas súas cancións da terra.

O “Especial Fin de Ano” da TVG tamén recibirá as mellores orquestras galegas, entre as que se atopan as formacións Principal, Filadelfia, París de Noia, El Combo Dominicano e Aché.

Atopar capítulo por: