Bamboleo
Especial: "De que me soa esta voz?"
Georgie Dann, Soraya, Karina, Melody, Lucrecia, Dyango, Shaila Dúrcal, Natalia ou David Civera son algúns dos solistas que cantarán os seus grandes éxitos neste programa. Tamén estarán grupos musicais como Efecto Pasillo ou Gemeliers e algunhas das orquestras galegas con máis renome, como é o caso de Los Satélites, Aché ou Jerusalén.
Ademais das actuacións musicais, os espectadores tamén gozarán coas seccións habituais do programa como son as exhibicións de baile de salón, tanto na categoría de nenos como de adultos. Tamén botarán unhas risas coas probas ás que Pepe Capelán somete os famosos e coas atrevidas preguntas e respostas de “A ITV do amor”. E terán a súa primeira oportunidade no mundo da música os participantes da sección “Agora ou Nunca” e os valentes de “A Jrileira” que se atrevan a participar nun improvisado karaoke.