Bamboleo
Especial Axuda en Acción, "Contra a pobreza infantil, apadriña"
“Bamboleo” emitirase este sábado en directo nun programa especial que ten como obxectivo recadar fondos para a ONG Axuda en Acción, destinados ao apadriñamento de nenos en situación desfavorecida.
O “Bamboleo” especial contará tamén con Silvia Jato como copresentadora. Será a encargada de introducir unha serie de vídeos gravados no Perú, a onde se desprazou en calidade de embaixadora da ONG, para coñecer de preto a situación de nenos e familias que viven en condicións de pobreza no país andino e aos que se destinarán os fondos reunidos pola Televisión de Galicia. O ente público asinou un convenio de colaboración con Axuda en Acción, para a súa campaña “Contra a pobreza infantil, apadriña”, na que participaron outros programas da canle como “Luar”, axudando a reunir doazóns.
No capítulo musical, o programa que presenta Xosé Manuel Piñeiro subirá ao escenario a Francisco e a orquestra Capitol.