CRTVG

Buscar

Especial

Especial Arde Lucus MMXVIII

16/06/2018 22:00 h

Lugo convértese na Lucus Augusti da época romana para celebrar unha nova edición da multitudinaria ‘Arde Lucus’, declarada de Interese Turístico Nacional.

Este programa especial, presentado por Lucía Rodríguez, xunto coas reporteiras Natalia Penas e Fátima Rodríguez, fai un percorrido polas rúas das cidade e asiste aos espectáculos organizados para a festa.

O ‘Arde Lucus’ é unha cita que atrae cada ano a gran número de tropas e lexións estranxeiras. O especial non se perde a súa chegada á cidade e amósanos como lles renden tributo e lles fan unha grande homenaxe. A través do programa vemos ese momento en que as tropas luguesas reciben ás tropas chegadas desde latitudes tan afastadas coma Xinzo de Limia, Ponferrada, Portugal, Cartaxena ou Italia.

E, en calquera festexo que se prece, non pode faltar a gastronomía. Por iso, o especial faise eco dos menús romanos e castrexos que se preparan para esta celebración en numerosos establecementos hostaleiros da cidade. Neste senso, “Arde Lucus MMXVIII”  visita bares e restaurantes para saber que beben e comen estes días os visitantes da urbe luguesa.

Atopar capítulo por: