CRTVG

Buscar

Pazo de Familia

Especial. A película

16/03/2015 22:15 h

Os poderosos Pardo Veiga manexan os fíos da cidade, pero terán que enfrontarse a unha adversaria disposta a acabar con todo o que teñen. Sofía Salgado é en realidade unha vella coñecida. Os Pardo Veiga arruinaron a súa familia e ela agora vén para vingarse.

Os problemas non só chegan dos descoñecidos, senón que moitas veces veñen dos máis achegados. O gran segredo de César está en perigo e a súa posición na cidade tamén, xa que Emilio está disposto a publicar que el é o culpable da introdución de medicamentos ilegais. 

Mónica e Nino están namorados. A relación é mal vista por todos e están dispostos a comezar unha nova vida lonxe do pazo dos Pardo Veiga. Pero unha noticia trunca o destino dos amantes: Rita está embarazada.

Atopar capítulo por: