CRTVG

Buscar

Pazo de Familia

Especial: 'A noite de Tomaso e Marisa'

09/04/2018 23:15 h

Tomaso e Marisa son dúas das personaxes máis divertidas e queridas da serie “Pazo de Familia”. A Marisiña xa a coñecían os espectadores desde “Libro de Familia” e a Tomaso atopárona como “mozo para todo” no pazo dos Pardo Veiga. 
Desde que se coñeceron saltaron chispas entre eles. A súa tola relación de parella fixo rir a esgalla cos seus encontros e desencontros, provocados principalmente pola falta de compromiso de Tomaso e por teren unha visión diferente do que queren, sentimentalmente falando. 
Despois de moitas voltas, Tomaso e Marisa casaron e inician agora unha feliz vida matrimonial, supostamente. 

Atopar capítulo por: