Pazo de Familia
Especial: A caída de Carlos
13/06/2016 22:00 h
Despois de varias temporadas en que don Carlos fixo e desfixo ao seu antollo, foi finalmente desenmascarado por Sofía Salgado diante de toda a familia.
Consecuentemente, dona Leonor botouno fóra do Pazo nun arrebato de ira estarrecedor. Neste Pazo de Familia especial, repasarase o ascenso e a caída de Carlos, que non tivo escrúpulos de ningún tipo e non dubidou en levar por diante a quen fose, con tal de conseguir o seu obxectivo de facerse co pazo dos Pardo Veiga.