CRTVG

Buscar

Cabalgata de Reis

Especial 5 xaneiro 2015

05/01/2015 19:00 h

   Os servizos informativos da Televisión de Galicia prepararon para a noite máxica un amplo despregamento técnico e humano para dar cobertura ao “Especial cabalgata de Reis 2014”. O programa, dirixido por Antonio Ageitos, ten como obxectivo esencial que os máis pequenos non perdan detalle dos diferentes desfiles, celebracións e festas de acollida a Melchor, Gaspar e Baltasar no seu periplo por Galicia.

   A xornalista e presentadora da Radio Galega María Solar coordina desde A Coruña este grande operativo, que conta con conexións en directo coas cabalgatas da Vigo, Ourense, Santiago e amplos resumos desde Lugo e Pontevedra.

   A TVG participa na cabalgata da Coruña cun autobús onde viaxan populares rostros da televisión galega acompañados polos famosos “Bolechas”.

Atopar capítulo por: