O Faro, cruce de camiños
Especial 1: O Faro, un negocio no punto de mira
01/04/2014 16:00 h
Esta tarde programarase o especial “O Faro, un negocio no punto de mira”, centrado no restaurante familiar dos Peña, que dá orixe a todos os conflitos da serie, debido ao interese da familia Muñoz en mercar o establecemento e os seus terreos para emprender unha suculenta operación especulativa. O enfrontamento entre estas dúas familias fixo que as cousas nunca fosen coma antes, especialmente para a parella protagonista.