CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Escuchando Elefantes, Sonia Lebedinsky, “Os Peregrinos”, Bob Stroger e Ezetaerre

19/04/2017 21:00 h

“ZigZag Diario” recibe no estudio a Silvia Rábade, a metade do grupo coruñés Escuchando Elefantes, inmerso desde marzo  nun tour de presentación en diversas cidades de España do seu último disco “Hope”.
Ademais, o programa estreará o novo videoclip de Sonia Lebedinsky, como adianto do concerto que dará o próximo venres no festival compostelán Santiautor. Moncho Lemos falará doutra novidade na escena musical, “Os Peregrinos”, un proxecto do músico galego Roger de Flor e do madrileño Charlie Mysterio que comezou coma unha colaboración puntual e que fructificou na publicación de “Canto peregrino”. No programa soará tamén a poderosa voz dunha lenda do blues, Bob Stroger, que visita Santiago o próximo xoves. O espazo completarase cunha reportaxe sobre o trío de rapeiros Ezetaerre, Pedro, Juan e Miguel, que acaban de editar o seu primeiro traballo co selo Santa Guerrilla.

Atopar capítulo por: