CRTVG

Buscar

Zigzag diario

“Escenas do Cambio”, “Don Juan”, “Os amores de Jaques o fatalista” e “Os vellos non deben de namorarse”

29/01/2016 21:00 h

O festival de inverno de teatro, danza e arte en acción “Escenas do Cambio” encherá Compostela de diferentes propostas escénicas ata o 13 de febreiro. No “ZigZag Diario” de hoxe contarán coa presenza do seu director artístico, Pablo Fidalgo, para ampliar máis a información sobre esta gran cita cultural. 
Dentro deste festival estará a obra “Don Juan” de Voadora. O programa conta para hoxe cunha reportaxe pormenorizada cos ensaios desta representación que nada ten que ver co clásico. 
Asemade, falarán tamén de dúas estreas teatrais: “Os amores de Jaques o fatalista”, montaxe de Excéntricas que dirixe Quico Cadaval con Víctor Mosqueira interpretando ao Jaques de Diedrot, e “Os vellos non deben de namorarse” de Fantoches Baj, a primeira versión da obra de Castelao en teatro de monicreques. 

Atopar capítulo por: