CRTVG

Buscar

Escapárate

A Moda Dabaixo de Pontevedra e Confecciones García de Lugo

26/10/2019 20:15 h

O equipo de Dani Pérez está en Pontevedra para transformar o escaparate da emblemática A Moda Dabaixo, uns almacéns de roupa e t​extís,​ que nos seus 183 anos de historia foi diversificando a súa oferta de produtos ata chegar ós xoguetes.

O equipo de Clara ten a misión de remodelar os escaparates dos míticos almacéns lucenses “Confecciones García”, unha tenda de roupa que na cidade é coñecida como “O Corte Inglés de Lugo”. Comezaron confeccionando eles mesmos a roupa e comercializándoa sempre cunha filosofía de prezos competitivos, o que lles fixo gañar fama e ser moi coñecidos.

Atopar capítulo por: