CRTVG

Buscar

Zigzag diario

“Eroski Paraíso”, “Menú do Día” e “Lucecús Teatro”

01/04/2016 21:00 h

Última montaxe de Chévere, “Eroski Paraíso”, unha proposta construída sobre a promesa dun paraíso social feita por un estado de benestar que se está vindo abaixo. Hoxe estará no estudio de gravación a actriz Patricia de Lorenzo, para achegar máis información sobre esta nova aposta da compañía. 
O equipo do programa tamén presenta hoxe un adianto dos Coros do “Menú do Día”, de Carlos Blanco e Luís Davila. Ambos os dous traballan na gravación das voces de “Menuda Noite” co Coro sen Nome que dirixe Ramón Orencio. 
Non faltará tampouco algunha que outra reportaxe, entre a que destaca a de Manuel María sobre as táboas con “Lucecús Teatro”. A compañía achégase a varios textos do homenaxeado deste ano no Día das Letras Galegas a través dunha personaxe moi peculiar: Manuel de Paderna. Unha dramaturxia para o público infantil que xa está en xira polas táboas galegas. 

Atopar capítulo por: