CRTVG

Buscar

Especial

Entroido (Zona norte)

17/02/2015 22:15 h

O programa achegarase ao norte de Galicia para coñecer como é a festa en localidades da Mariña luguesa como Foz ou a capital, Lugo. Entroidos caracterizados todos eles polos seus desfiles, onde as carrozas e as comparsas son as máximas estrelas. Os espectadores vivirán tamén Entroidos urbanos como o da Coruña, onde o símbolo da festa está personificado no Deus Moma, a figura que preside todos os actos desde o seu trono. Ademais, o programa achegarase, entre outras celebracións, ao Entroido máis concorrido da comarca de Bergantiños, o de Carballo; e do interior de Lugo, o de Sarria.

Atopar capítulo por: