Especial
Entroido na provincia de Pontevedra
17/02/2015 23:45 h
A Galega fará esta noite un percorrido polos máis soados Entroidos da provincia de Pontevedra. Deste xeito, acompañará en Cobres a comparsa de máis de 80 persoas entre gaiteiros, músicos, Madamas e Galáns, estes últimos, os personaxes máis característicos e vistosos da festa. Vigo, o seu Entroido de nenos no mercado do Calvario, as falcatruadas dos Merdeiros e a entronización do Meco será outra parada obrigatoria deste especial. A cidade de Pontevedra e o seu tradicional papagaio Ravachol tamén serán protagonistas. O programa entrevistará o deseñador e construtor do Ravachol deste ano, descubrindo os segredos da súa confección. Ademais, vivirá o desfile de carrozas e comparsas de Pontevedra e coñecerá polo miúdo o elenco de disfraces.