CRTVG

Buscar

Especial

Entroido en Ourense

17/02/2015 23:15 h

Se hai un lugar onde o Entroido se vive con especial devoción é na provincia de Ourense, que estoupa de colorido durante os días grandes da festa. Como non podía ser doutro xeito, o programa especial da TVG percorrerá o denominado “triángulo máxico ourensán”, onde reinan cigarróns, peliqueiros e pantallas en tres das manifestacións máis ancestrais da festa. Así, o “Especial Entroido” percorrerá coas pantallas as rúas e bares de Xinzo de Limia; asistirá en Verín ao “bautizo dos cigarróns”, un acto solemne en que se axuda a vestir correctamente e a poñer a máscara aos novos cigarróns; e vivirá en Laza o día máis importante do seu Entroido, o “Luns Borralleiro”, coa popular “Farrapada”, a “Baixada da Morena” e o lanzamento de formigas. Pero os espectadores saberán tamén como se vive o Entroido na capital, en Ourense, onde cada ano se celebra un multitudinario desfile de comparsas e carrozas.

Atopar capítulo por: