CRTVG

Buscar

Momentos G

Falamos coa secretaria xeral de Igualdade do aumento de delitos contra a liberdade sexual

28/07/2019 19:38 h

Os xulgados galegos recibiron no primeiro trimestre do ano máis de 1.700 denuncias por violencia machista, o que supón un 40 por cento máis ca o ano anterior. No que vai de 2019, foron asasinadas dúas mulleres: unha en Valga, á que lle disparou o seu marido, e outra en Vilalba, que foi acoitelada pola sua ex-parella. Neste caso, o agresor tiña unha orde de afastamento do domicilio que non se cumpriu.

A secretaria xeral de igualdade di que é necesario reforzar a coordinacion entre corpos policiais e administracións para evitar que se repitan casos coma este.

"O que temos é que seguir traballando coordinadamente todas as institucións. Eu insisto na coordinación e no reforzamento de todos os efectivos por parte de todas s institucións para que non sucedan casos como o que aconteceu en Vilalba, ou o de Valga hai uns meses, no que non había denuncia".

No primeiro trimestre do ano solicitáronse 433 medidas de protección nos xulgados galegos, case un 6 por cento menos ca o ano anterior. Segundo un estudo recente da Delegación do Goberno en Galicia, hai 3.483 casos activos de violencia machista, dous deles de risco extremo.

Atopar capítulo por: