CRTVG

Buscar

Momentos G

Coñecemos con Berta López os atractivos turísticos de Monterrei e Verín

28/07/2019 19:37 h

Nesta época as zonas de costa teñen os visitantes asegurados, pero Galicia ten outros moitos lugares no seu interior que paga a pena descubrir.

Hoxe imos deixarnos levar pola comarca ourensá de Monterrei e Verín; unha zona que multiplica a súa poboación coa chegada do Entroido, pero que ten moito máis que ofrecer, tamén no verán. Imos coñecela da man de Berta López, técnica de turismo da Mancomunidade de Verín.

Coñecemos os lugares que non podemos perder e para perdernos este verán na comarca de Monterrei.

Un turismo por descubrir durante todo o ano, moito máis alá do Entroido máis característico.

Percorremos a ruta do Carboeiro e o parque do Invernadeiro en Castrelo do Val; e visitamos o castelo en Monterrei.

A ruta termal e da auga en Verín e a do contrabando xunto á fervenza da Cidadella son parada en Vilardevós.

En Cualedro, podemos visitar o castro de Saceda, declarado  BIC e asistir ás visitas teatralizadas ao castelo en Monterrei.

A música vén co Carqueixa Rock en Laza e as actuacións de Carlos Núñez e Luar na Lubre en Monterrei.

As citas enogastronómicas; a carretada do viño en Vilaza, a feira do viño de Monterrei e a do pemento en Oímbra.

Tamén destaca o Arcucelos fantasma, en Laza, os danzantes de Fontefría, en Castrelo do Val.

Atopar capítulo por: