Momentos G
A doutora en Astrofísica Ana Ulla achéganos o extraordinario mundo do Universo
Moito miramos a lúa nos últimos días... e non era para menos. Fixo cincuenta anos da chegada do home pero, ademais, tamén asistimos a unha eclipse parcial. Miramos a Lúa, pero tamén as estrelas e o ceo. É que a astronomía conta cada vez con máis seguidores, vaia, que está de moda. Por que será, que é o que ten esta ciencia?
Ana Ulla, doutora en Astrofísica da UVigo.
O 16 de xullo puido verse unha eclipse lunar parcial, coincidindo coa engalaxe do home cara á Lúa Prodúcese cando a Terra, o Sol e a Lúa alíñanse, de xeito que se xera unha sombra que tapa a Lúa progresivamente.
O 9 de agosto, Mercurio verase mellor que nunca, xusto antes do amencer. Entre o 17 de xullo e o 24 de agosto asistimos a unha das mellores chuvias de meteoros, as Perseidas.
A Coruña vai acoller en 2020 o XXIV Congreso Estatal de Astronomía. Participará Jocellyn Bell, astrofísica descubridora dos púlsares e comprometida coa igualdade de oportunidades.
A contaminación lumínica está presente na maioría das cidades; hai estudos que mostran a súa mala influencia na nosa saúde.