CRTVG

Buscar

Zigzag-Eirado

Entrevista a Xosé Luís Castro de Paz / Web series / "Campás" / No estudio de Christian Villamide / Actualidade musical

20/04/2014 01:45 h

O espazo cultural dos sábados da TVG “ZigZag-Eirado” ofrece en primeiro lugar unha entrevista a fondo con Xosé Luís Castro de Paz, profesor e experto cinematográfico. A conversa que manterá con Tino Santiago estará centrada na vida e obra do escritor coruñés Wenceslao Fernández Flórez do que se cumpren estes días cincuenta anos do seu pasamento, o 29 de abril de 1964. Precisamente o aspecto cinematográfico da obra do escritor será o máis relevante da entrevista, xa que algunha das súas máis coñecidas obras, como “O bosque animado” ou “O malvado carabel”, foron levadas á gran pantalla.

Así mesmo, na área que “ZigZag-Eirado” lle dedica ao cine Angel Suanzes fará o habitual repaso á carteleira pero deterase tamén no certame de web-series que ten lugar en Carballo. Complementando o capítulo visual, Moncho Lemos aporta a curtametraxe “Campás”, de Jairo Iglesias, un drama de aventuras cun corte de romanticismo. Trátase da viaxe de dous republicanos na procura dun médico para que cure uns feridos durante o tempo do conflito armado español.

Remata o programa cunha reportaxe que fixo Mon Santiso no estudio do artista Christian Villamide e o resumo da actualidade musical que cada semana aporta Marta Gómez.

Atopar capítulo por: