CRTVG

Buscar

Zigzag-Eirado

Entrevista a Darío Villanueva / Iván Prieto / Libraría Couceiro

25/01/2015 00:45 h

“ZigZag-Eirado”, o magazine cultural da Televisión de Galicia, de edición semanal, entrevistará hoxe ao recentemente elixido presidente da Real Academia Española, o catedrático e hispanista galego Darío Villanueva. Tino Santiago conversará con el da actual situación do castelán no mundo e especialmente nos países hispanoamericanos, así como os proxectos previstos para os próximos anos.

Mon Santiso oferta dúas propostas no programa de hoxe. Por unha parte, presentará a reportaxe feita arredor da vida e da obra do artista plástico Iván Prieto. Ilustrador, pintor e escultor, Iván deseña figuras que parten do realismo e camiñan cara á fantasía. Reside en Berlín e é natural do Barco de Valdeorras. A súa última exposición en Polonia acadou un renomeado éxito. Por outro lado, Santiso visitará a libraría con máis soleira de Compostela, a Libraría Couceiro, fundada no 1969 e situada actualmente na praza de Cervantes.

Coma sempre, haberá as seccións habituais de cine, por parte de Ángel Suanzes, e música popular galega, a cargo de Marta Gómez. Amenizan o “ZigZag-Eirado” as músicas de Ricardo Morente. Cantante, violinista pero tamén músico multidisciplinar, Morente traerá á TVG uns temas con aires brasileiros de Bossa Nova.

Atopar capítulo por: