CRTVG

Buscar

Documental

Ensíname: Unha viaxe no tempo

20/04/2021 23:25 h

Viaxe á Galicia dos anos 50, a través da estrea do documental ‘Ensíname: unha viaxe no tempo’, dirixido por Sonia Otero en 2020. O documental recolle unha iniciativa realizada por 10 nenos e nenas do colexio Manuel Bermúdez Couso, consistente en vivir durante cinco días nunha aldea galega cos costumes e comodidades de mediados do século XX. Unha aventura coa que os rapaces puideron descubrir, de primeira man, como era a vida dos seus avós e coa que aprenderon a importancia de preservar a nosa tradición cultural. 

Atopar capítulo por: