Estache bo!
Ensalada de pavo con rolo de cabra e manga
Ingredientes:
Leituga 1 peituga de pavo 4 toros de rolo de cabra 200 gr de brócoli 1 cenoria 1 pemento amarelo 1 anaco de manga 1 presa de pebidas de cabaza 6 ravos 1 presa de noces Zume de limón 1 cullerada de mel 1 cullerada de mostaza Sal e pementa AOVE
Elaboración:
Fría ou morna, esta ensalada forma un menú completo. Cocemos a peituga e o brócoli ao vapor, deixamos arrefriar. Cortamos a peituga e reservamos. Nun cazo friximos lixeiramente as pebidas de cabaza, e noutro cunco mesturamos a cenoria, o pemento, a manga, os ravos e aliñamos. Nunha prancha marcamos o brócoli, a peituga e o queixo. Empratamos co aliño e os froitos secos, e listo para comer…!!!
Hoxe, o noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará en A Laracha, visitará a Lorena, que nos falará do produto estrela de hoxe: a leituga.