CRTVG

Buscar

Estache bo!

Ensalada de patacas novas con navallas fritas

22/06/2021 19:50 h

Ingredientes:

Para a ensalada de pataca: 1 kg de patacas novas 1 ceboliña 1 cogombro fresco

Para a maionesa de perexil e coandro: Perexil e coandro fresco 1 dente de allo 1 ovo moi fresco 1 cunca de aceite de xirasol 1 cullerada de zume de limón Sal e pementa

Para as navallas fritas: Navallas 1 ovo batido 3 culleradas de fariña 1 cullerada de pemento picante 1 cullerada de pan relado

Elaboración:

A ensalada desta vez vai de patacas! Cocemos as patacas novas, pelámolas e reservamos. Montamos unha maionesa coa metade de aceite de oliva e a outra de xirasol. Unha vez feita, incorporámoslle coandro e perexil moi picado. Cortamos a cebola, o cogombro e as patacas. Mesturamos todo isto coa maionesa. Por outra banda, abrimos as navallas, pasámolas por fariña, pemento picante, por ovo e por pan relado, e frixímolas en abundante aceite. Empratamos coas patacas novas, e listo para comer…!!!

Hoxe, o noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará en Vedra, a Eva, da Horta da señora Carmen, quen nos falará do produto estrela de hoxe: as patacas novas.

Atopar capítulo por: