Estache bo!
Ensalada de falsos espaguetes con vinagreta
Ingredientes:
• 1 CABACIÑA • 2 CENORIAS • 2 DENTES DE ALLO • 1 CEBOLA • MESTURA DE TOMATES CEREIXA • 2 PEITUGAS DE POLO ENTEIRAS (PARA A PRANCHA) • 2 CULLERADAS DE SEMENTES OU FROITOS SECOS • QUEIXO CURADO RELADO
PARA O MACERADO: • 1 ANACO DE XENXIBRE FRESCO • 2 DENTES DE ALLO • 1 CULLERADA DE ACEITE DE SÉSAMO • 2 CULLERADAS DE SALSA DE SOIA • 1 CULLERADA DE AZUCRE MORENO • PEMENTA
Elaboración:
Maceramos 8 horas as peitugas co xenxibre, o allo, o aceite, a soia e o azucre moreno. Cortamos a cabaciña e a cenoria en forma de espaguetes e o allo moi picadiño. Salteamos nunha tixola cun chisco de aceite de oliva. Noutra tixola marcamos a lume medio as peitugas de polo e picamos os tomates cereixa e a cebola. Empratamos co fondo de espaguetes, os tomates, a cebola, a vinagreta, as sementes, o queixo relado, a peituga, o sal e listo para comer...!!!
Hoxe, o noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará en Muxía, A Coruña, a Mari Luz González, cociñeira de Esencia Atlánticas, quen nos falará do produto estrela de hoxe: a salsa vinagreta.