CRTVG

Buscar

Documental

En todas as mans

03/08/2021 22:55 h

A épica dunha vontade, a loita por mellorar os territorios que habitamos. Dous territorios, Galiza e Portugal, e unha realidade, os montes veciñais ou baldios. "En todas as mans" é unha ollada aos seus habitantes na procura dun horizonte, que os territorios que están nas súas mans sexan creadores de riquezas económicas, ambientais e sociais para os seus pobos.

"En todas as mans" é unha peza audiovisual que pretende mostrar a actividade destas comunidades e a vida dos seus protagonistas acompañadas de voces expertas da economía, xudicatura, ecoloxismo, historia ou o activismo social. A suma ofrécenos un diverso elenco de usos, reflexións, problemáticas e propostas á volta da xestión comunitaria do monte na Galiza e Portugal. Un documentario que abre as cancelas do monte ao futuro.

Atopar capítulo por: