O país máis grande do mundo
En Londres, Roma e con Manolo Pereiro de "Buscando Ardebullo" da TVG
Por unha banda, viaxaron ata Londres para que unha veciña de Lois, Maribel Ares, sorprenda a súa tía Eladia, que leva máis de medio século residindo na capital británica.
Roma, ou tamén coñecida como “a cidade eterna”, é o lugar onde se atoparán con Jesús Madriñán, un fotógrafo que goza dunha das bolsas máis prestixiosas do Ministerio de Cultura español, e que lle permite vivir e traballar no edificio da Real Academia de España en Roma.
Pero o programa non ha rematar aquí, xa que tamén coñecerán a historia da emigración a Alemaña da familia de Marcos Pereiro con Manolo, recente coprotagonista do programa “Buscando Ardebullo” da Galega e pai de Pereiro.
Pero en “O país máis grande do mundo” de hoxe non se esquecerán das súas habituais seccións. En “Historia dunha carta” coñecerán as vivencias de Edelmira e Che, un matrimonio de Viveiro que estivo emigrado en Suíza nos anos setenta.