En Feminino Singular
Comercio internacional: Concepción Blanco e Rebeca Acebrón
06/08/2023 11:30 h
O capítulo desta semana de 'En feminino singular' está dedicado ao comercio internacional. Coñeceremos a Concepción Blanco, directora de importación e exportación de Pescados Rubén, empresa familiar na que leva traballando máis de trinta anos e que xera un volume de negocio duns 11.000.000 de euros ao ano.
Rebeca Acebrón tamén se incorporou ao negocio familiar no ano 2007 como directora comercial de Mecanizados Acebrón. Na actualidade compaxina o seu cargo de directora de exportación coa vicepresidencia na patronal do sector industrial do metal.